domingo, 14 de febrero de 2010

Noite de cine

Acabo de chegar a casa de ver Invictus. Cando ves este tipo de películas entranche gañas de ser mellor persona e rondan na túa cabeza palabras como perdón, compaixón, deportividade, afán de superación. En certos momentos a pel de galiña ou o nudo na garganta se entremezclan co ánimo de que Sudáfrica lle meta ese tanto ós All Blacks (cousa que me parece ata raro sendo eu seguidora da súa famosa danza maorí El Haka). Ultimamente Clint está conseguindo que non me despegue dos panos de papel, snif snif
E outra gran alegría, vendo a Luis Tosar recollendo o seu premio a mellor actor nos Goya, orgullo de que fale en galego e se acorde da súa terra, gran actor. Noraboa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario